Bronisław Komorowski
Nome orixinal | (pl) Bronisław Maria Komorowski |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xuño de 1952 (72 anos) Oborniki Śląskie, Polonia (pt) |
5º Presidente da Polónia (pt) | |
6 de agosto de 2010 – 6 de agosto de 2015 ← Lech Kaczyński – Andrzej Duda (pt) → | |
Minister of National Defence (en) | |
2000 – 2001 | |
Member of the Sejm (en) | |
Representa: Democratic Union (en) 25 de novembro de 1991 – 31 de maio de 1993 Lexislatura: 1º Sejm polonês (pt) Circunscrición electoral: Q129674948 Electo en: 1991 Polish parliamentary election (en) | |
Member of the Sejm (en) | |
1991 – 2010 | |
Datos persoais | |
Residencia | Varsovia (1966–) Pruszków (pt) (1959–1966) Józefów (pt) (1956–1959) Poznan Oborniki Śląskie (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Varsovia - ciencia histórica (1971–1977) Q9383141 (1967–1971) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Varsovia |
Ocupación | político, historiador, Disidencia |
Empregador | Q11792563 Office of the Council of Ministers (en) |
Partido político | Plataforma Cívica Conservative People's Party (en) Freedom Union (en) Solidarity Electoral Action (en) |
Membro de | |
Profesores | Andrzej Garlicki |
Participou en | |
marzo de 1968 | 1968 Polish political crisis (en) |
Familia | |
Familia | House of Komorowski (Korczak) (en) |
Cónxuxe | Anna Komorowska |
Pais | Zygmunt Komorowski e Jadwiga Komorowska |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
Páxina web | bronislawkomorowski.org |
Bronisław Maria Komorowski, nado en Oborniki Śląskie o 4 de xuño de 1952[1], é un político polaco, e Presidente en funcións de Polonia[2] tras o falecemento de Lech Kaczynski o 10 de abril de 2010 nun accidente de aviación, segundo o disposto na constitución de Polonia na súa calidade de Presidente do Parlamento no momento do falecemento do titular no cargo.[3] Sería escollido en eleccións presidenciais o 20 de xuño, con segunda volta o 4 de xullo do mesmo ano. Formalmente é presidente de Polonia desde o 6 de agosto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militou na Unión Democrática (Unia Demokratyczna), Alianza da Liberdade (Unia Wolnośći), Partido Conservador-Popular(Stronnictwo Konserwatywno-Ludowe). Actualmente é un dos líderes da Plataforma Cívica, de centro dereita liberal e europeísta.
Procedente dunha familia nobre polaca, durante a época comunista foi membro do Scout, onde xa se destacou pola súa oposición ao réxime. Traballou como xornalista e editor, dende cuxa posición publicou textos críticos co comunismo, o que lle supuxo sufrir prisión durante gran parte dos anos 80. Nesta época, xa estaba unido ao movemento Solidariedade liderado por Lech Walesa.
Tras a caída do réxime do xeneral Wojciech Jaruzelski (1989) e coa chegada da democracia foi deputado e posteriormente Ministro de Defensa (2000-2001), no goberno liderado por Jerzy Buzek. Tras as últimas eleccións lexislativas (2007) e o triunfo de Plataforma Cívica, foi nomeado presidente o Parlamento polaco.
O 10 de abril de 2010, a consecuencia do falecemento do Presidente Lech Kaczynski nun accidente de aviación en Smolensk (Rusia), asumiu o cargo de Presidente de Polonia en funcións, na súa calidade de presidente do lexislativo, de acordo coas disposicións constitucionais, coa obrigación de exercer o cargo de maneira interna até a convocatoria de novas eleccións presidenciais no prazo máximo de 2 meses.
Predecesor: Lech Kaczyński |
Presidente de Polonia 10 de abril – 8 de xullo de 2010 |
Sucesor: Bogdan Borusewicz |
Predecesor: Grzegorz Schetyna |
Presidente de Polonia 6 de agosto de 2010 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biuletyn Informacji Publicznej Instytutu Pamięci Narodowej". katalog.bip.ipn.gov.pl. Consultado o 2019-05-12.
- ↑ "Bronislaw Komorowski, un ambicioso presidente en funcións". El Mundo. 10-4-2010. Consultado o 11-4-2010.
- ↑ "Polonia convoca elecciones presidenciales tras la muerte de Kaczynski". El País. 10-4-2010. Consultado o 11-4-2010.